arte correo    exposicións
exposición internacional de arte correo marea negra

caldas de reis 5/03

 

inicio    convocatoria    visual    galería


Ficha técnica da convocatoria

 Organización: I.E.S. Aquis Celenis de Caldas de Reis.

 Convocatoria: Corporación Semiótica Galega, Marta Bosch, Tartarugo, Pedro Gonzalves e Clemente Padín.

 Coordinación: Lois Gil, Manuel Rosales.

 Colaboración: Profesorado e persoal do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis: Alberto Abadín, José M. Álvarez, Juan Barreira, Purificación Cabido, Teresa Carballo, Ramón Cruces, Mª Carmen Fernández, Mª Ángeles González, Manuel Guede, Pedro Lamas, Pilar Liñares, José Mª Pazos, María Sánchez.

 

A exposición inaugurouse o 17 de maio de 2003 no Instituto Aquis Celenis. A montaxe realizouse en 29 paneis en madeira recubertos con planchas de vinilo; con posterioridade e tras recibir a financiación necesaria voltáronse a redistribuir as obras en 39 paneis 100X70 cms enmarcados en alumnio, cubertos por metacrilato e sobre superficie de cartón pluma.; espuxéronse a totalidade das obras e a carón de cada unha figuraban os datos e nacionalidade do seu autor.

máis de 470 obras pertencentes a 260 autores, representando a 36 países dos cinco continentes

e as intervencións visuais de numerosos escolares pertencentes aos seguintes centros educativos

CEIP Ramona Calvet (Barcelona)

CEP Xesús Ferro Couselo - Valga (Pontevedra)

IES Alfoz-Valadouro (Lugo)

I.E.S. Aquis Celenis - Caldas de Reis (Pontevedra)

Tamén se realizou un traballo de catalogación en soporte informático, que foi remitido a cada participante en formato CD xunto cunha pequena documentación. A mostra itinerou durante dous anos por numerosos centros educativos e culturais do noso país. Na actualidade permanece exposta no hall do instituto de secundaria aquis celenis.